Albergue Alvarella en Vilarmaior, 19-20 de outubro de 2024

A Federación Ecoloxista Galega está embarcada nun proxecto de recuperación da memoria do movimento ecoloxista que quere conservar o pasado, para actuar no presente e ofrecer propostas de futuro.

Esta actividade está englobada dentro proxecto Temos Raíces que en 2023 presentou un proxecto á Deputación da Coruña para comezar coa recuperación da memoria. Ao mesmo tempo neste proxecto estaba a presentación do primeiro fruto desa recuperación da memoria cun proxecto audiovisual ,a cargo de Xacobe Meléndrez, que se presentará no espazo destas xornadas.

A Xornada vai alén do proxecto de recuperación da memoria e quere falar da actualidade e do futuro do movimento para o que ao longo da mañá se organizará dúas palestras unha sobre o Forestal e e a Rede Natura 2000 e outra sobre o Impactos dos proxectos industriais nos espazos naturais.

Pola tarde, na presentación da primeira peza audiovisual de recuperación da memoria, teremos espazo para encontrarnos con moitas das persoas participantes do documental, que participarán dunha dinámica sobre o futuro do movimento.

Continuaremos a xornada coa parte festiva, que non podes perder, coa peza teatral “Dramón en Vilarmaior” a cargo da Pequena compañía de nenos enormes, e remataremos con música grazas á actuación musical de Blues do País.

O domingo 20 gozaremos dun roteiro polas Fragas do Eume grazas á colaboración da Asociación Betula de Custodia do Territorio que nos fará un percurso polo entorno patrimonial natural e cultural do Parque Natural.

Inscríbete e participa nas xornadas!

Programa:

Sábado 19

Mañá:

10.00h. Presentación das Xornadas

10.30h. Mesa: Forestal e Rede Natura 2000

Participantes:

12.00h. Mesa: Impactos dos proxectos industriais nos espazos naturais

Participantes:

14h. Comida (necesaria inscrición previa)

Tarde:

16h. Proxección do documentario Temos Raices: 

17h. Debate e dinamización sobre o documental: Futuro do mov. ecoloxista galego

19h. Teatro con A pequena compañía de nenos enormes coa obra Dramón en Vilarmaior

20h. Música con Blues do País

21.30h. Cea (necesaria inscrición previa)

Domingo 20

Mañá:

10.00h. Roteiro polas Fragas do Eume coa Asoc. Betula de custodia do territorio (necesaria inscrición previa)

14h. Comida (cada quen que leve a súa para partillar)

Inscrición