Verdegaia, Amarante, Caleidoskopio, CS A Formiga, CXT, GAS e a Oficina de Dereitos Sociais Coia organizan as Xornadas contra a Banca en Vigo que se desenvolverán durante os sábados do mes de novembro. Este sábado 7 ás 11:30 h desenvolverase un acto contra a banca no cruce de Colón coa rúa Príncipe, no que se ubicará unha mesa e paneis informativos, distribuirase información á cidadanía e realizarase unha "performance". As Xornadas complétanse con charlas e mesas redondas a celebrar nos restantes sábados deste mes.

cartaz_xornadas.jpg