A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que fai parte Verdegaia, organiza seis palestras temáticas e unha mesa redonda sobre enerxía eólica o vindeiro sábado 25 de febreiro en Vigo. A actividade comezará ás 17 h. no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado), sito na rúa Areal, 46. As palestras durarán aproximadamente media hora cada unha e a mesa redonda comezará ás 20 h.
Os relatores son:
-
Emilio Menéndez (Universidade Autónoma e Politécnica de Madrid). Enerxía eólica e avaliación de impacto ambiental.
-
Damián Copena (Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo).A economía da enerxía eólica e a guía para propietarios de terreos afectados por parques eólicos.
-
Xosé Veiras (Verdegaia). A implantación da enerxía eólica en Galicia.
-
Mariano Tomás (activista do movemento antieólico de Valencia). A loita valenciana contra proxectos de enerxía eólica.
-
Iván Novoa (técnico instalador de enerxías renovables). Eólicos de pequena potencia e usos complementarios dos recursos enerxéticos.
-
Paula Vidal (Amigos da Terra). A experiencia do centro de educación ambiental das Corcerizas.