Se queres facer algo máis que darlle a unha tecla para defender a natureza

Se che interesa a situación do mundo rural, o cambio climático, os dereitos dos animais, o decrecemento, a xustiza social, a conservación dos espazos protexidos, a soberanía alimentar, os dereitos civís, o estado dos montes, as especies en perigo de Verdegaia USCextinción, a xestión do litoral, a loita contra a minería, o consumo responsábel, a educación ambiental, a mobilidade sostíbel, o ecofeminismo, etc.

Precisamos persoas que queiran cambiar o mundo…

O vindeiro 15 de outubro, ás 19:30, na Biblioteca Concepción Arenal, no Campus Vida da USC, Verdegaia organizará unha xornada de presentación das súas actividades e acollida a novas e novos activistas.

Ven á xuntanza e coñece que é o que estamos a facer, que é o que podería facerse e que che gustaría facer a tí.

Transforma con nós!