cartaz_sgcx_xira_mariam_-_pequeno.jpgNo marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante , Sindicato Labrego Galego e Verdegaia organizan unha xira por Galicia da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordinación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordinadora en África do movemento Vía Campesina). Baixo o título "Consumo responsable e Cambio climático", Mariam Sissoko debullará o traballo que desde a CNOP e Vía Campesina se está facer a prol da loita pola soberanía alimentaria no continente, así como a necesidade de fomentar un medio rural vivo en confrontación ao modelo de produción e consumo capitalista devorador de recursos e que ten as distintas crises (alimentaria, ecolóxica e financieira) como impronta no século XXI. Mariam Sissoko dará conferencias nas principais vilas galegas entre o 21 e o 24 de abril de 2009.

Martes 21 de abril
Maña. Charla na sede do Sindicato Labrego Galego en Betanzos (Horario por definir)
Tarde. 20:00h. Charla en Pontevedra – Galería Sargadelos

Mércores 22 de abril
Mañá. 11:30h. Charla no Salón de Actos do IES Ribeiro en Ribadavia
Tarde. 20:30h. Charla en Vigo – Local de A Cova dos Ratos

Xoves 23 de abril
Tarde. Charla en Mondoñedo, na sede do Sindicato Labrego Galego (Horario por definir)
Tarde. 20:00h. Charla en Ribadeo – Casa das Letras

Venres 24 de abril
Mañá. 12.45h. Charla en Compostela – Facultade de Matemáticas, Campus sur.