Este domingo 9 de Febreiro retomamos a actividade no treito do río Fonteliño que estamos recuperando dende 2023.

Nesta primeira xornada repasaremos os traballos realizados na campaña de Outono: cortando os rebrotes de Cana e de Acacia.

No cartel adxunto podes consultar as restantes datas e apunta especialmente a do sábado 22 de febreiro: iremos plantar un castiñeiro e un acibro de case dous metros de altura!

Horario de 11 a 13h.

Anota as datas:

  • Domingo 9 de febreiro
  • Sábado 22 de febreiro
  • Domingo 9 de marzo
  • Sábado 22 de marzo

Inscricións: ata o día anterior a cada actividade en info@verdegaia.org