Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal, moi sensibilizada co grave problema dos lumes, decidiu organizarse xunto coa SGHN e ADEGA para tentar mitigar os efectos de máis lumes nas nosas comarcas. Para isto formouse un dispositivo de vixilancia dos montes e alerta rápida ás autoridades. Este dispositivo consiste en grupos de voluntarios/as que de forma totalmente altruista adican parte do seu tempo libre a percorrer os montes provistos duns prismáticos e dun móbil. Pretendemos, deste xeito, alertar o máis axiña posíbel a bombeiros e brigadas contraincendios no caso de lume. A lista de voluntarios/as continua aberta e para colaborar só hai que chamar ao teléfono 981 35 28 20 en horario de mañá. As labouras de vixilancia continuarán até finais de setembro.

Actualmente estamos a vixiar zonas como o monte Marraxón (Fene), Fragas do Eume (Capela, As Pontes, Cabanas, Pontedeume), Coto de Ancos(Neda), Coto de Nenos, Meirás, Fraga de Menáncaro (Ferrol), Montes da Lagoa, etc.Colaboran con nós aproximadamente unha trintena de voluntarios/as.