Nas últimas datas membros de Verdegaia realizaron unha visita conxunta con técnicos e persoal da gardería da Consellaría do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, técnicos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e persoal da empresa Tragsa ás Ribeiras do Louro. O motivo foi visitar in situ as zonas nas que se desenrolarán proximamente as obras do Proxecto de restauración do L.I.C. Gándaras de Budiño ó que Verdegaia apresentou alegacións o pasado mes de xullo.

Despois de moitos anos paralizado, o proxecto -moi ambicioso daquela- tivo que ser recurtado e soamente se efectuarán algunhas das accións previstas no documento inicial.

 As accións previstas consisten na mellora da rede de canalizacións dos polígonos industriais próximos para evitar verquidos e aportes de material no entorno da lagoa, na mellora da calidade das augas que entren na lagoa, feito que conlevará a creación dun vaso de grande tamaño na zona norte da zona húmida, en retirar un recheo ilegal por tras das empresas do polígono industrial e na mellora do estado da turbeira do Arroio, tentando elevar mediante comportas o nivel de auga. As obras aínda non comenzaron, pendentes de autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil..