12 Meses, 12 Saberes – Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio
O sábado 21 de decembro realizamos unha andaina no Monte Aloia en Tui, un paseo de 3 km no que observaremos a dinámica dos bosques durante o inverno.
O monte Aloia é un dos poucos Parques naturais galegos e posúe unha gran variedade de ecosistemas, o que nos vai permitir visitar espazos tan dispares como un bosque ripario ou un sobreiral.
Identificaremos abeleiras, acivros, sobreiras, carballos,… e aprenderemos a resiliencia de cada unha delas para sobrevivir ás baixas temperaturas e ás poucas horas de sol propias do inverno.
- Data: sábado 21 de decembro, de 11:00 a 13:30
- Punto de encontro: Aparcadoiro do Monte Aloia (Tui) – 42°04’37.8″N 8°40’47.5″W
- Inscrición: A partir do mércores 11 estará aberta ás socias, que terán preferencia ata o día 15. O día 16 abrirase o prazo para persoas non socias, ata o día 19, incluído.
A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos, e un número de teléfono.