12 Meses, 12 Saberes – Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio

O sábado 26 de outubro visitaremos a Enseada de San Simón e as Salinas do Ulló en Vilaboa, unha zona que conxuga un interesante patrimonio natural e histórico.

Na Enseada observaremos as chairas lamacentas que quedan descubertas na baixamar creando un espazo de gran biodiversidade mentres que nas Salinas aprenderemos a historia do meirande complexo salineiro que se conserva na Galiza.

Ao longo do curto percorrido, apenas dous quilómetros de dificultade baixa, poderemos observar especies tan diversas como a lontra, o sapo raxado, a aguia peixeira ou o asubión.

.Data: sábado 26 de outubro, de 11:00 a 13:30

.Punto de encontro: Aparcadoiro das Salinas de Ulló (Vilaboa) – 42°21’16.0″N 8°37’56.9″W

.Inscrición: A partir do mércores 16 estará aberta ás socias, que terán preferencia ata o día 20.

A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos.