A Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) comunica a celebración das VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental. Nesta edición pretendemos tomar o relevo das xornada galegas que non se realizan dende o 2009 para debater o estado da Educación Ambiental en Galicia no tocante a súa presenza nas políticas públicas. Queren poñer enriba da mesa o debate da Educación Ambiental como servizo público; como dereito da cidadanía e deber das administracións. Analizar a situación actual e reflexionar sobre que habería que cambiar na Educación Ambiental e propostas para facelo. Tamén ofrecerán un espazo para o coñecemento de experiencias de Educación Ambiental.
Toda a información no blog da SGEA
Consulta o programa aquí