MANIFESTACIÓN, Vigo polo dereito a teito. 21-Marzo, 18h – Praza dos Cabalos

Verdegaia forma parte da Alianza pola vivenda de Vigo, o sábado 21 de marzo ás 18h. está convocada acción para reivindar o dereito á vivenda.

O POBO NON TEMOS ONDE VIVIR!

  • Falta de oferta de alugueiro e prezos en máximos históricos, moi por riba do aumento dos salarios.
  • Centos de desafiuzamentos invisibles para aumentar abusivamente os prezos dos alugueiros.
  • Máis de 7.100 demandantes de vivenda pública e expectativas de construción que non acadan a cuarta parte do que se precisa actualmente.
  • 21.000 vivendas baleiras +2.100 vivenda de uso turístico rexistradas máis os centos de ilegais: vivenda hai, pero non se
    adica ao que debería.
  • Recursos públicos insuficientes para dar resposta ao aumento do senfogarismo na cidade.
  • Insuficientes prazas en residencias públicas e longas esperas que limitan o acceso á educación de miles de estudantes de clase traballadora.

SOBRAN RAZÓNS PARA SAÍR Á RÚA.
RECLAMEMOS AO CONCELLO E Á XUNTA MEDIDAS QUE FAGAN FRONTE Á CRISE DA VIVENDA EN VIGO.
MOBILÍZATE CANDA NÓS,
A ORGANIZACIÓN E LOITA SON A ÚNICA SOLUCIÓN!
ALIANZA POLA VIVENDA – VIGO

Texto completo das reivindacións