mag_0136.jpgO pasado 9 de maio, día internacional do comercio xusto en Vigo, en pleno bulevar de Gran Vía, Verdegaia, xunto com labreg@s do Sindicato Labrego Galego, Árbore, Amarante e Emaús representaron fronte ao famoso Corte Inglés, un mercado transparente de produtos de tempada, locais, que a partir de varios taboleiros amosaba a escandalosa marxe de beneficio das empresas distribuidoras dos alimentos, recollendo os prezos que se lles paga @s produtor@s (prezos en orixe) e os prezos de venta que pagamos finalmente @s consumidores/as.

 

mag_0065.jpgO acto fíxose co obxectivo de exixir, dunha vez por todas, un comercio xusto, digno coas persoas e respetuoso co ambiente tanto nos países do Norte como nos países empobrecidos do Sur; e de denunciar a imposición de modelos industrializados e de exportación, unha das razóns do esmorecemento do rural.

Asímesmo, fíxose fincapé nas condicións de produción dos alimentos, a falta de salarios dignos para as labregas e labregos (non só em Latinoamérica, África e Asia, senon tamén na rica Europa), e alertamos sobre o control dos prezos dos alimentos por parte de poucas empresas multinacionais, que destrúen emprego e causan fame e morte ao especular con algo tan necesario para a vida como é a alimentación.

No mercado transparente, ao que se achegou moita xente interesada, ofrecéronse alternativas, tales como:

  • elexir produtos locais, de tempada, ecolóxicos e de pequenos productores,
  • tentar eliminar o maior número de intermediarios posíble,
  • apoiar as tendas de barrio
  • integrarse nunha cooperativa de consumo local ou nun grupo autoxestionado de consumo
  • escoller o Comercio Xusto para produtos de importación
  • se tes oportunidade, producir os teus propios alimentos
  • evitar alimentos envasados
  • consumir de forma consciente – e responsábel preocupándonos polos costes de produción dos alimentos que comemos,

 e com isto exiximos que:

  • se establezan prezos dignos que remuneren o traballo das labregas e os labregos, tan básicos para o sustento da vida;
  • cada pobo decida cándo, cómo e qué produtos quere producir, e poida ter acceso a alimentos locais, apropiados e producidos de forma sustentábel e ecolóxica (soberanía alimentar).
  • se facilite o acceso á terra, á auga e ás sementes para todas as labregas do planeta.
  • mag_0077.jpg

 

 

  mag_0155.jpg

 

 

 

 

 

Cando consumimos, decidimos sobre o mundo no que queremos vivir. Consumir non é neutral!