vertedoiro_ricolaraxe_vista_xeral_dende_a_vaquera.gifA empresa Rico ten unha escombreira-basureiro en Santa Cruz de Salto de grandes dimensións situada nunha ladeira xustamente na cabeceira dun río. As escorrentías do basureiro acaban neste río antes de confluír noutro que termina no encoro dos Molinos. Este encoro, abastece de auga a unha parte dos veciños de Cabanas.

No basureiro hai materiais de alta toxicidade como lodos de depuradoras, miles de botes de pintura, restos urbanos como pilas, plásticos, produtos químicos, aceites usados, restos de obras ( pinturas, amianto, chumbo, metais pesados…), plásticos sucios e incluso detectáronse resíduos sanitarios. O resultado é que xa hai varios pozos contaminados.

fotos_vertedoiro_rico_cabanas_contedor_11.doc.gifDada a natureza e variedade dos resíduos, as augas non se purifican con simple cloración e non se pode garantir a salubridade destas. Neste senso, a Consellería de Sanidade instou ó concello de Cabanas a advertir ós veciños que se abstivesen do uso da auga como potable. O concello fixo caso omiso, poñendo en perigo a saúde pública ó noso modo de ver.

Estes son os organismos que están ó tanto da situación: Concello de Cabanas, SEPRONA, Augas de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Consellería de Sanidade. Excepto a última, non sabemos o porque do desleixo desta cadea administrativa e porque razóns non actúa conforme as súas funcións e deber. Dános moito que reflexionar.

Actualmente, os feitos están en coñecemento do Fiscal de Medio Ambiente. Tanto os veciños afectados como Verdegaia confiamos resolva esta situación. Polo de agora, temos constancia da paralización dos verquidos e a limpeza en superficie. Mais isto non é suficiente e cómpre a limpeza en profundidade, xa que o soterrado é o máis perigoso.

Seguiremos informando.