Verdegaia é unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. Naceu 2 de Abril de 2006 co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.
O nome
Verdegaia: de cor verde clara, intermedia entre o verde e o branco, cores asociadas a ecoloxismo e pacifismo.
Gaia: Nai Terra na mitoloxía helénica.
A nosa misión
A misión dunha organización, particularmente nas Organizacións Non Lucrativas (ONL), tense salientado como un dos elementos fundamentais na súa configuración. Define en grande medida os obxectivos de Verdegaia. Esta definición aprobouse na Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2007
Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta