folga_xeral_en_vigop.jpgO pasado día 29 Verdegaia Vigo quixo sumarse á folga xeral aportando unha perspectiva diferente á dos sindicatos maioritarios, cunha óptica máis ampla e centrada no cambio de paradigma económico e social así como na necesidade de acadar unha nova relación coa natureza. Para manifestarnos e manifestar a nosa postura elaboramos unha faixa que despregamos entre as rúas Colón e Urzaiz, cun lema baseado no ideario da asociación e no decrecemento como proxecto trasformador. Tamén repartimos uns textos que por unha banda denuncian que os problemas desta economía de mercados globais non son puntuais senón sistémicos e pola outra propoñen unha serie de cambios e medidas para abandoar a ilóxica do capitalismo industrial.

folga_xeral_en_vigo2_p.jpgDende Verdegaia Vigo queremos agradecer a colaboración das persoas da asociación Caleidoskopio e a Cova dos Ratos coas que levamos adiante esta acción.

pdf Textos empregados na folga xeral