Os incendios forestais convertíronse no principal problema ambiental de Galicia, causando ano tras ano importantes impactos sobre o medio, destrucción de recursos socioeconómicos e unha crecente inquietude social.
Centos de miles de hectáreas arderon nos últimos anos no noso país. Segundo as cifras oficiais, no ano 2006 foron arrasadas perto de 94.000 Ha en Galicia, das cales 54.000 eran arboradas e unhas 40.000 de monte baixo. Dende o ano 1989 a media anual supera as 40.000 Ha queimadas.
En Ourense, a plantación humana terá lugar nos arredores do xardín do Padre Freijoo, ás 20:30 horas, e será acompañada de actividade comprementarias relacionadas coa reivindicación da conservación dos montes galegos.