• A Unión europea é o maior responsábel da deforestación tropical
  • O 17 de marzo haberá unha nova rolda de negociación no Consello de Medio ambiente da UE con gran presión da industria responsábel da deforestación e na que o Estado Español debería xogar un papel defensor da biodiversidade

O 1 de marzo os colectivos asinantes enviamos manifesto contra a deforestación a Teresa Ribera, Ministra de transición ecolóxica, e a Lluis Planas, Ministro de Agricultura para que, no próximo Consello de Medio Ambiente da UE do 17 de marzo, España desenvolva un papel fundamental na mellora da proposta de regulamento para loitar contra a deforestación importada.

O Posicionamiento da sociedade civil sobre a propuesta deste regulamento apoiado por Verdegaia valora positivamente a proposta da Comisión Europea para a adopción dun novo regulamento da UE para loitar contra a deforestación importada. Esta proposta representa un avance fundamental en materia de gobernanza ambiental a nivel mundial, e é unha grande oportunidade para minimizar os impactos negativos das actividades da UE nas persoas e no planeta, de acordo cos seus compromisos relativos ao clima, a biodiversidade e os dereitos humanos.

É o Parlamento Europeo e os Estados membros quen deben manter e mellorar os elementos esenciais da proposta da Comisión, ademais de elaborar unha lexislación seria e ambiciosa que satisfaga as expectativas da cidadanía da UE na defensa da biodiversidade, dos dereitos humanos e de colaboración cos países produtores.