Verdegaia vén de solicitar mediante a presentación dun escrito dirixido á Concellaría de Turismo de Vigo o cambio da sinalización turística colocada en diferentes rúas da cidade de Vigo referente á praia de Rodas, situada no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, de xeito que se cambie a sinalización actual por outra que faga referencia ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia como un espazo natural protexido que alberga unha grande biodiversidade.
A sinalización colocada pola Concellaría de Turismo publicita a praia como “a mellor praia do mundo”, feito que fomenta o “turismo de praia” nese e outros areais do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Verdegaia non vé adecuado que se potencie este espazo natural coma un lugar a onde “ir á praia” senón que se debe promocionar como un espazo protexido con numerosos valores naturais.