As árbores que hai nas rúas a humanizar son un valor engadido e non un estorbo.
Verdegaia solicita publicamente que non se realicen máis talas de árbores nas obras de humanización que se están a levar a cabo en diferentes rúas de Vigo xa que a parte de acabar coa vida desas árboresestase a restar un valor engadido a cada unha das rúas a humanizar en cuestión.
As árbores son seres vivos que teñen impotantes funcións nas rúas das cidades como constituír auténticas depuradoras do ar contaminado, albergar niños de aves e acubillos doutros organismos, ter un efecto estético importante que chega a romper coas xeometrías rectilíneas da arquitectura urbana causando un efecto relaxante, moitas veces incosnsciente nos cidadáns, entre outras.
Por estos motivos, dende a nosa asociación solicitamos que non se sigan talando máis árbores xa que dese xeito só se está a devaluar a calidade das rúas a humanizar, ou máis ben a deshumanizar.