O vindeiro 3 de abril está prevista a sexta edición do “Costa-Trail de Oleiros Seixo Branco”. Trátase dunha carreira pedestre de montaña, organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros coa colaboración do Club Atletismo Sada e do Concello de Oleiros.
Esta proba atravesa de oeste a leste a ZEC Costa de Dexo, un espazo natural de gran interese, e considerado Monumento Natural.
O trazado da carreira, que se modificou con respecto a edicións anteriores, discorre nesta ocasión moi próximo a unha zona de nidificación e cría do corvo mariño cristado, poñendo así en risco as poboacións desta especie que alí se atopan. Queremos recordar que se trata dunha especie catalogada como vulnerable no catálogo de especies ameazadas, habendo incluso fontes científicas que avogan por considerala en perigo de extinción, en base ao descenso da poboación nos últimos anos. O principal núcleo reprodutor da especie na costa continental da Península Ibérica encóntrase, precisamente, na Costa de Dexo.
Na zona atópanse, ademais, exemplares de falcón peregrino, respecto aos que o Servizo Provincial de Conservación da Natureza indica que se estableceu que o trazado do Trail debía afastarse 100 metros da súa zona de nidificación. Cónstanos que nas últimas edicións da proba o trazado alternativo non se afasta máis de 30 metros do punto de nidificación.
No 2011, cando se celebrara a primeira edición desta competición deportiva, Verdegaia sumouse ás voces que pedían a modificación do trazado polas posibles afeccións. Nesa ocasión, unha das colonias resultou afectada, o que fixo que a partir dese momento a Dirección Xeral de Conservación da Natureza prohibise o tránsito da proba polas proximidades da ubicación desas poboacións.
A pesar diso, vemos como nesta VI edición se inclúen novamente modificacións no trazado, aproximándoo a moi pouca distancia da colonia de corvo mariño cristado do cabo de Mera.
Alertamos ademais de que o feito de que se realice unha carreira deste tipo por camiños de nova apertura (no foro público correrengalicia falan de “espectaculares ‘caminos’ que hemos estado abriendo”) ou pouco transitados, contribúe á súa consolidación como como vías de paso, non só para deportistas de cross, senón tamén ciclistas e mesmo quads.
Pensamos que as carreiras de montaña son perfectamente compatibles coa conservación do medio e dos espazos protexidos. Para iso, o trazado debe planificarse de xeito racional, utilizando preferiblemente sendas xa feitas, e afastándose dos espazos naturais protexidos ou vulnerables.
Animamos ás entidades organizadoras e promotoras desta carreira (Artabros, Club Atletismo Sada e Concello de Oleiros) a escoitar as voces de especialistas que alertan dos riscos derivados deste tipo de actuacións, e a redefinir o trazado desta carreira tendo en conta eses riscos.
Solicitamos da Dirección Xeral de Conservación da Natureza que inste a esas entidades a que axusten o trazado da carreira ao que tiña en anos anteriores, de cara a protexer os nosos espazos naturais e a súa biodiversidade.
BIBLIOGRAFÍA
Álvarez, D. e Velando, A. 2007. El cormorán moñudo en España y Gibraltar. Población en 2006-2007 y método de censo. SEO/BirdLife. Madrid.
Velando, A e Álvarez, D. 2004. Cormorán moñudo, Phalacrocorax aristotelis. En A. Madroño, C. González e J.C. Atienza (eds). Libro Rojo de las Aves de España. Dirección General para la Biodiversidad-SEO/Birdlife- Madrid.
Munilla, I. e Velando, A. 2008. Plan integral de recuperación e conservación das aves mariñas ameazadas de Galiza. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Santiago de Compostela.
Fagúndez, J. e Barrada, M. 2007. Plantas Invasoras de Galiza. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Santiago de Compostela.
Verdegaia solicita a modificación do trazado do VI Costa-Trail de Dexo