Verdegaia inicia o vindeiro sábado 27 as súas actividades de educación ambiental de 2009 nas Ribeiras do Louro cun roteiro polo espazo natural e coa apertura do Punto de Información Ambiental das Ribeiras do Louro. Deste xeito, a asociación prosegue, xa por segundo ano consecutivo, coas súas actividades educativas nos valores ambientais das Ribeiras do Louro, desta volta con algunhas novidades respecto do ano anterior.

O roteiro será guiado por un membro da asociación e partirá ás 10:30 h. do sábado 27 do aparcadoiro da Lagoa de Orbenlle percorrendo un itinerario de tipo circular que comezará e rematará no mesmo punto tendo prevista a súa finalización en torno ás 13:30 h.

O Punto de información Ambiental das Ribeiras do Louro está situado na Lagoa de Orbenlle e abrirá de 10:30 h. a 13:30 h., contando tamén cun membro da asociación que informarará ós /ás visitantes dos valores naturais que alberga esta zona.

Ambalasdúas actividades realizaranse os derradeiros fins de semán de cada mes durante todo o 2009.

Ademais, este ano Verdegaia oferta a posibilidade ós colexios de realizar actividades con escolares nas Ribeiras para que os/as máis cativas coñezan os interesantes valores deste espazo natural. O prazo de inscripción para os colexios abrirase a partires do mes de marzo e as actividades serán gratuitas para os centros educativos.

Todas estas actividades contan cunha axuda da Consellería de medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Para máis informción: Jose Crespo (678 986 676).