Verdegaia presentou alegacións a esta plantación, que pretende eliminar toda a cuberta vexetal existente na zona e substituíla por unha enorme plantación de Eucalyptus nitens.Eucaliptus nitens

O estudo de impacto ambiental recolle unha listaxe de “Beneficios ecolóxicos”, entre os que se atoparían a “protección da diversidade da flora, a fauna e a paisaxe”, que se descalifican por si mesmos á vista do impacto que suporá o desbroce total da superficie vexetal, o emprego de maquinaria no monte e a realización de traballos de subsolado.

Tamén chama a atención o feito de recoller como “Beneficio económico” a obtención de resinas, cogumelos e outros productos forestais, cando a especie Eucalyptus nitens é empregada unica e exclusivamente para a obtención de pasta de papel. En ningún caso é unha especie que produza resinas e non favorece ningunha especie de cogumelo autóctono.

Dende Verdegaia rexeitamos que un proxecto deste tipo poida recoller mentiras como as que recolle este documento, que chega a afirmar que plantando 70 ha de eucaliptos “diminúen as masas forestais monoespecíficas” (cando precisamente propón a plantación dunha especie exótica ao longo de 70 ha), “diminúe o risco de lumes” (cando é ben coñecido que os eucaliptos son especies pirófitas), “que se produza madeira de calidade” (cando a calidade de madeira de E. nitens é moi baixa) ou que un desbroce total da vexetación, con subsolado e movemento de maquinaria polo monte, provoque un “impacto indiferente sobre o ciclo hidrolóxico”, “impacto positivo sobre o solo” ou un “impacto compatible sobre a fauna e a flora”.

Por todo isto, Verdegaia ven de solicitar que non se leve a cabo este proxecto e que se rexeite calquera proxecto que, coma este, estea cheo de falsidades e feitos que se afastan totalmente da realidade.