A Coordinadora Estatal en Defensa do Ferrocarril Público, da que Verdegaia fai parte, reivindicou, nas VII Xornadas celebradas a pasada fin de semana, a apertura das liñas ferroviarias inxustamente pechadas hai algunhas décadas, liñas que se mantivesen o seu funcionamento facilitarían agora unha rede básica mellor interconectada e máis consistente, e a apertura de novas liñas transversais, entre elas a vía Santiago-Lugo-Ribadeo, para dotar de maior vertebración e cohesión territorial, e mellores condicións para instaurar un sistema de transporte capaz de ofrecer a máxima accesibilidade coa mínima mobilidade.
Descarga o manifesto
Accede aos relatorios das Xornadas na web da Coordinadora en Defensa do Ferrocarril Público