Veciñanza da parroquia de Torneiros no Porriño organízanse para opoñerse á construción dun Centro de transporte. Un novo polígono de 25 hectáreas promovida pola Zona Franca de Vigo que constará dun aparcadoiro para camións e servizos para os camioneiros (hostal, restaurante, gasolineira…).

O centro de transporte previsto conta cunha superficie desproporcionada que implicará a expropiación de casas e o aumento significativo do tráfico de vehículos pesados nunha zona residencial. A superficie utilizada leva a pensar que máis tarde aproveitarán a construción para darlle outro uso, nun claro exemplo de megaproxecto para que as administracións implicadas reciban partidas dos fondos NextGeneretionUE

Ademais afectará ao regato das Laxes, un afluente do río Louro, que actualmente é un curso de auga virxe con bosque de ribeira no que se avistas corzos, teixugos e diversa avifauna. Construír perto do rego das Laxes afectará negativamente o río Louro e as Gándaras de Budiño.

Roteiro polo regato das Laxes

A Plataforma en Defensa de Torneiros organiza un roteiro o venres 8 de xullo ás 19,30h. no que se explicarán valores ambientais e etnográficos da parroquia.

Superficie afectada polo polígono