Verdegaia ven de formalizar a súa adhesión á plataforma Ocean2012. OCEAN2012 é unha alianza de organizacións cuxo obxectivo é transformar a política europea de pesca para deter a sobrepesca, acabar coas prácticas pesqueiras destrutivas e garantir un uso xusto e equitativo dos recursos pesqueiros.
Dende o inicio da súa andaina en 1983, a Política Pesqueira Común (PPC) da UE ten fracasado na prevención da sobrepesca. Nestes 25 anos, intereses económicos curtoplacistas e políticas miopes e insolidarias teñen levado as pesquerías europeas a unha fonda crise.
Cada vez péscanse menos peixes e máis pequenos namentres aumenta o esforzo requerido para pescalos, co resultado de que a miudo outas especies aínda máis vulnerábeis convértense en obxectiv. Segunbdo datos da Comisión Europea, o 72% de todas as pesquerías europeas están sobreexplotadas e o 25% explótanse máis aló dos seus limites biolóxicos, poñendo en perigo o seu futuro.
A reforma da PPC en marcha ofrece a oportunidade de transformar as pesqueirías europeas en sustentábeis económica, social e medioambientalmente.
Este é o obxectivo da coalición Ocean 2012