A próxima fin de semana (20 e 21 de setembro) Verdegaia estará cun posto no Reperkusión de Allariz, no que aproveitaremos para darnos a coñecer con información (Fiando Verde, folletos, etc.) e teremos para vender os produtos que fixo Verdegaia Ourense con material reutilizado (esencialmente cartón).
O horario do posto é de 12 da mañá a 10 da noite o sábado 20 e o domingo 21 de setembro.
Así que animádevos a pasar polo Reperkusión e facernos unha visitiña.