Esta fin de semnan Verdegaia e Greenpeace desenvolven actividades conxuntas en defensa do litoral. Verdegaia organiza dous roteiros en bicicleta polo litoral da Costa da Morte coa finalidade de promover a bicicleta como ferramenta de transporte e denunciar os perigos que a presión urbanística descontrolada e un desenvolvemento turístico sen planificar teñen sobre o litoral, ofrecendo unha alternativa turística e de transporte perfectamente compatíbel coa conservación da riqueza ambiental do noso litoral .

Pola súa parte, Greeneace pon en marcha a súa campaña "Non te quedes parado" coa que persegue tres obxectivos:

  • Promover a participación cidadá activa
  • Recoller máis información sobre as ameazas que sofre noso litoral
  • Denunciar as ameazas poniendo a disposición dos cuidadans unhas follas cun modelo de denuncia para que a senté as rechee cos puntos negros que coñeza e os denuncie para despois seleccionalas e mandalas ás administracións adecuadas en canto xuntemos un bo número e caracterizándoas segundo impactos e localidades.

Ao longo de dous días integrantes de ambas organizacións, xunto con outras persoas participantes, percorrerán unha das zonas máis espectaculares do litoral galego, entre Laxe e Cabo Touriñán, visitando a Serra de Pena Forcada, a enseada da Praia do Trece, entre Cabo Veo e Cabo Tosto, cuxas dunas conforman un dos máis espectaculares complexos xeomorfolóxicos da costa occidental europea, cunha duna remontante de máis de 100 metros de altura, achegándose tamén a Cabo Vilán e cabo Touriñán. Este treito de litorar aínda conserva grande parte dos seus valores ambientais, pero planos de implantación e ampliación de piscifactorías e outras actuacións urbanísticas ameazan o seu futuro.

Greenpeace situará mesas informativas da campaña "Non te quedes parado"o sábado, día 8, en Camariñas entre as 11:30 e as 13:30 e en Laxe entre as 17:00 e as 19:00; e o domingo en Muxía, de 11:00 a 13:30, coincidindo coa saídas do roteiro en bicicleta.

Greenpeace e Verdegaia queren facer pública a súa denuncia diante das irresponsábeis actuacións urbanísticas que se están a desenvolver ou planificar no litoral, esixindo a adopción das seguintes medidas por parte das administracións con competencias na materia:

1.- Unha planificación urbanística a longo prazo, deseñando un Plano de Xestión Sustentábel do Litoral que delimite e protexa eficazmente os espazos naturais e favorezan o desenvolvemento sustentábel nesas áreas, promovendo a calidade de vida dos seus habitantes.

2.- A aprobación dunha Lei de Pacto Local que actualize o financiamento dos Concellos, recoñecendo as novas competencias asumidas. O urbanismo ten que deixara de ser a principal fonte de financiamento dos Concellos. Non se pode dar cobertura ás ilegalidades urbanísticas coa escusa da financiación. Cómpre loitar desde todos os ámbitos contra a corrupción.

3.- Establecemento dunha moratoria sobre a construcción de campos de golf, paseos marítimos e portos deportivos mentres non se aprobe o devandito Plano de Xestión Sustentábel do Litoral. As actuacións urbanísticas adoitan ser irreversíbeis polo que compre avaliar moi detidamente a súa pertinencia.

4.- A paralización da tramitación de todos os proxectos de piscifactorías até que non se aprobe a revisión do Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria e a prohibición da súa construción en espazos protexidos

5.- A aposta por un desenvolvemento turístico racional, afastado da lóxica do crecemento ilimitado e indiscriminado. Un turismo que non supoña unha deterioración da zona por mor da presión constructiva de segundas e terceiras vivendas ou infraestruturas de transporte centradas no automóbil.

6.-Establecemento como requisito previo á aprobación de plans urbanísticos cubrir as necesidades de depuración correspondentes e implementar planos de transporte público que poidan atender as novas necesidades.

Greenpeace e Verdegaia consideran imprescindíbel que todas as forzas políticas, con escasa credibilidade respecto de este tema na actualidade, reelaboren as súas propostas e discursos e inclúan aspectos tales como a necesidade de la ordenación do territorio baseada no respecto aos espazos naturais, unha xestión municipal transparente, participativa e aberta á sociedade, a loita implacable contra a corrupción, a aplicación de medidas de control e sanción e a esixencia de responsabilidades a quen se obstinan en confundir o mandato público co seu beneficio privado. É necesario consolidar unha nova cultura do territorio.