O informe “Salvando Obstáculos: pasos para mellorar os salarios e condicións de traballo na industria mundial de artigos deportivos”, que elaborou a Campaña Xoga Limpo 2008, baseado en entrevistas a mais de 300 traballadores e traballadoras da industria de artigos deportivos en China, India, Tailandia e Indonesia, mostra que as violacións de dereitos dos traballadores/as segue sendo a regra no sector, no que os beneficios de marcas como Adidas, patrocinador oficial dos Xogos Olímpicos de Pekín e Londres, non paran de medrar.
Por este motivo Amarante e Verdegaia, que forman parte da campaña XOGA LIMPO 2008 en Galicia, farán un chamamento por unhas Olimpíadas Limpas. Coa pancarta "Beijing 08 Olimpiadas Limpas. Non á explotación laboral", o facho olímpico limpo percorrerá as cidades de Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense onde activistas e deportistas farán un chamamento sobre as condicións de explotación que viven miles de persoas que cosen para as marcas deportivas, incluíndo o Comité Olímpico Español e Comité Olímpico Internacional.
Así, ás 12:00 da mañá do sábado 10, o facho fará varios percorridos simbólicos nas seguintes cidades:
Santiago: Saída: Praza do Obradoiro- Rúa do Franco-Praza do Toural-Praza de Galicia- Doutor Teixeiro-República do Salvador-Praza Roxa.
Pontevedra: Saída García de la Riega, Real, Curros Enriquez, Soportais Ferreiria, Praza Peregrina, Praza Ourense, Daniel de la Sota, Castelao, Blanco Porto, Cobián Areal, Benito Corbal, Cobián Rofiñac, San Bartolomeu, Padre Sarmiento, Praza Mendez Nuñez, Real, García de la Riega
Vigo: Saída: Praza da Independencia- Avda. das Camelias-Romil- Praza do Rei – Concello- Avda Camelias – Praza da Independencia
Ourense: será ás 6 da tarde e sairá da Avda. da Habana (frente o local de Amarante e Verdegaia)- Curros Enríquez- Saez Díez- Rua Progreso-Avda. Pontevedra- R. Paseo
A campaña xa comezou a ter os primeiros apoios de deportistas: en Pontevedra estarán facendo o percorrido, Pillo, adestrador do 1º equipo do Teucro Balonmán, e en Ourense o Club Atlético Ourense Academia Postal, entre outros clubes galegos de atletas.
Descarga o dossier de prensa do informe
Máis información en Xoga Limpo 2008