Verdegaia e a Asociación VAL (Voluntariado Ambiental da Louriña) colocarán un posto informativo na Praza do Concello do Porriño o vindeiro sábado 27 a partir das seis da tarde para divulgar os interesantísimos valores naturais e a enorme cantidade de desfeitas que padece o espazo natural das Ribeiras do Louro.

No trascurso deste acto dará comezo unha campaña de recollida de sinaturas para exixir a axeitada protección do LIC “Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro” mediante a preservación dos seus valiosísimos valores naturais e biodiversidade e co estrito cumprimento da lexislación vixente. Así mesmo, dende Verdegaia e VAL tamén exiximos a posta inmediata en funcionamento da EDAR de Guillarei, a recuperación da superficie inicial de 959 Ha do LIC e a recuperación integral do espazo natural protexido.