1.jpgVerdegaia vén de denunciar ante a Confederación Hidrográfica do Norte e perante o Concello do Porriño que o pasado día 1 de marzo de 2008 se realizou un verquido de sustancias químicas a un afluínte do río Louro no termo municipal do Porriño (Pontevedra), nas coordenadas Lat.: 42° 7′ 8.45′ N, Lonx.: 8° 37′ 37.59′, X: 530822.91, Y: 4663150.15, que deixou o citado curso de auga de cor azul clara e sen aparente rastro de vida acuática. 

Ó mesmo tempo, dende a nosa asociación exisimos que se esclareza a autoría deste verquido e se sancione dacordo coa lexislación vixente ó infractor, así como que se tomen as medidas necesarias para que non se realicen máis verquidos nese curso de auga

 1.jpg verquido_do_1-3-8_no_louro.jpg
 Fotos tomadas no lugar do verquido