Berta era un símbolo de moitas loitas, dende o feminismo, os dereitos indíxenas e a defensa da natureza. Coordinadora do Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras, cun papel destacado no activismo tanto antes como despois do golpe de Estado nese país. Foi asasinada na madrugada deste xoves 3 de marzo, na súa propia casa.
Deixamos aquí a ligazón ao vídeo dunha entrevista feita co gallo da concesión a Berta do Goldman no 2015, pola súa defensa do medio ambiente. Tamén a páxina da COPINH e outra ligazón coa nova da súa morte. Outro asasinato dunha defensora da vida, da vida que paga a pena vivir.