nucleares_ni_aqu_ni_en_japn.jpgEn máis de 30 cidades españolas, Ecoloxistas en Acción convocou para hoxe xoves, 17 de marzo, ás 19h, actos en solidaridade con pobo xaponés e de rexeitamento á enerxía nuclear. A esta convocatoria fóronse sumando diversos colectivos entre os que se encontra Verdegaia. En Fukushima Daichii produciuse o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radiactiva xa detectada a centos de quilómetros da central de Fukushima. Estes sucesos poñen de manifesto o risco no emprego da enerxía nuclear e aconsellan abandonarmos esta fonte de enerxía. As centrais españolas non están exentas de problemas e supoñen un risco inadmisible. O máis sensato é proceder ao peche escalonado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020. Por todo isto, e en solidariedade coas víctimas do terremoto, acude ás concentracións.

En Vigo, ante o MARCO, na rúa Principe.

En Ferrol, ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Praza de España).

 

En Fukushima Daichii produciuse o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial, tras o de Chernobil. Para Ecoloxistas en Acción trátase dun Nivel 6 na Escala INES de sucesos nucleares, o nivel máximo é 7, cunha situación grave, especialmente do reactor número dous e un escape de substancias radiactivas. Ecoloxistas en Acción e Verdegaia reclaman o peche graduado das centrais nucleares do Estado español comezando pola de Garoña (Burgos).

Nestes momentos están danados os seis reactores en Fukushima I, mesmo os que estaban detidos no momento do terremoto. A situación máis crítica é a do reactor número dous en que a explosión danou a contención e o combustible ficou nu. Ademais retiráronse as cubertas exteriores dos reactores 5 e 6 para evitar novas explosións, o que fai aumentar a radiactividade ambiental. Por outra parte, ignórase cal é a situación das piscinas de combustible gastado, aínda que todo indica que a piscina do reactor número catro sufriu danos. Isto engade un punto de perigosidade porque nas piscinas están os residuos de alta actividade da central e a auga que conteñen está contaminada.

Non se pode soster que as centrais xaponesas aguantasen ben o terremoto e o tsunami, dada a situación crítica en que se encontran e dese a fuga radiactiva que xa se detectou a centos de km. da central de Fukushima. Por iso foi necesario evacuar a todos os traballadores que loitaban contra o accidente.

Para Ecoloxistas en Acción, os sucesos de Fuskushima poñen de manifesto o risco inherente do uso da enerxía nuclear e aconsellan o abandono desta fonte de enerxía. Aínda que estes feitos sexan improbables, rematan por se producir.

A situación das centrais nucleares españolas

As centrais nucleares españolas non están exentas de problemas que nos someten a riscos inadmisibles, dos que non escapa Galicia. As situacións que poden dar lugar a un accidente, levando á central fóra dos seus parámetros de deseño poden ser improbables, pero finalmente poden acontecer. Por máis que se tente perfeccionar a seguridade, sempre poden aparecer imprevistos cos que non se contaba e que puidesen dar lugar a accidentes graves.

A central nuclear de Garoña (Burgos) é moi similar ao reactor número un de Fukushima I, pero con moitos máis problemas de seguridade. Xa que logo, o máis razoable sería proceder ao peche da central e non prolongar a súa vida ata 2013.

A central nuclear de Cofrentes é, ao igual que a de Garoña, de auga en ebulición, o que as fai especialmente vulnerables perante sucesos externos á central. Neste tipo de centrais as canalizacións de refrixeración do circuíto primario, cargadas de vapor radiactivo, saen da contención e percorren todo o recinto da central. Un suceso que afecte os edificios exteriores e rompa esas canalizacións daría lugar a un suceso similar ao sufrido polos reactores xaponeses. Ademais, o encoro de Alarcón, situado augas arriba da central, non soportaría o terremoto máximo que pode acontecer na zona. En caso, improbable, de que se producise ese terremoto, as augas inundarían a central agravando aínda máis os efectos da rotura da presa.

A central nuclear de Almaraz I e II (Cáceres) ten un sistema de refrixeración baseado na parte externa do encoro de Arrocampo, que tampouco está licenciado para ter resistencia a sismos. Por isto mesmo construíronse uns sistemas de irrigación que baixasen a auga da parte que si está licenciada sismicamente.

Se se producise un terremoto que rompese o encoro, a central tampouco tería garantida a capacidade para evacuar a calor residual do reactor.

A central nuclear de Ascó I e II (Tarragona) está situada sobre unha zona de arxilas expansivas que chegan a desprazarse uns 10 cm ao ano, dependendo das chuvias. Esta situación obriga a unha constante vixilancia destas margas por parte do Consello de Seguridade Nuclear (CSN).

E a central nuclear de Trillo (Guadalaxara) está situada non lonxe de Escopete, onde se produciu un terremoto de grao 4,2 en 2007. Aínda que o terremoto foi de baixa intensidade, hai que ter en conta que os sismólogos non esperaban que se producise na zona da Alcarria, que non se consideraba sísmicamente activa.

Como se ve, moitas das nucleares españolas teñen un situación de risco potencial, polo que o máis sensato sería proceder ao peche graduado, co obxectivo de prescindir da enerxía nuclear no horizonte de 2020.

Por todo isto e en solidariedade coas vítimas do terremoto, Ecoloxistas en Acción convocou o xoves 17 de marzo, un día de acción en solidariedade co pobo de Xapón e polo abandono da enerxía nuclear, ao que se sumou Verdegaia con senllas concentracións nas cidades de Ferrol e Vigo.

Máis información:

Web de Ecoloxistas en Acción