Verdegaia apoia a Marcha Renovábeis 2006, unha iniciativa de Greenpeace que percorrerá o norte de España do 11 ao 22 de setembro para demandar unha maior aposta política polas renovábeis e que se desincentive a enerxía térmica. A marcha sairá da Coruña o luns 11 e pasará por Ferrol, As Pontes, Lugo e Sarria.

A marcha demanda que non se asigne ningún dereito de emisión gratuíto de dióxido de carbono ao sector eléctrico no Plano Nacional de Asignación de Dereitos de Emisión 2008-2012. Esta proposta vai na liña da principal proposta de Verdegaia para que Galicia contribúa ao cumprimento do Protocolo de Quioto: que se desincentive  a produción de electricidade nas centrais térmicas, moi especialmente nas centrais de carbón das Pontes e de Meirama (ver sección sobre enerxía e cambio climático da web).

Se non podes unirte fisicamente, tes a opción de a apoiares virtualmente a través da web da Marcha. Faino agora!

Máis información:

Ponte en ruta: Marcha Renovábeis 2006