PAREMOS TODO, PARA PARAR O XENOCIDO!

O xenocidio en Gaza continúa, o número de vítimas é xa incalculable debido á magnitude da destrución. Decenas de miles de persoas asasinadas, torturadas, violadas, mutiladas, atrapadas baixo o entullo ou privadas de liberdade en prisións masivas. Máis as enfermas sen atención médica porque escasean os me- dicamentos e non quedan hospitais operativos, as famentas porque non hai alimentos, as que perderon as súas vivendas polos bombardeos, as que procuran refuxio nunha Gaza devastada polo masacre e o ecocidio. Mulleres, homes, crianzas e anciás. Unhapoboación enteira queestá a perdertodo, absolutamente todo, ante os ollos do mundo.

Israel arrasa impunemente mentres os estados occidentais xustifican ou mesmo aplauden aos seus di- rixentes. Pero a xente nin é parva nin quere ser cómplice, e nestes meses que levamos de horror son nu- merosísimas as mostras de apoio e as estratexias de boicote e sinalamento que se teñen levado a cabo a nivel internacional. Para tratar de sacudirse esta presión, aquí no estado español, o goberno PSOE-Sumar aprobou no parlamento o recoñecemento do estado palestino. Para que, se continúa a venderemercararmas ó estado criminal de Israel? Tamén se persoou na causa presentada por Sudáfrica ante o Tribunal Internacional de Xustiza. Pero de que serve, se cando se dictou sentencia condeando a Israel por crimes de guerra e contra a humanidade non cortou inmediatamente relacións diplomáticas, comerciais, culturais, etc. co estado sionista? Poden poñer panos quentes pero non agochar a súa complicidade co masacre.

É máis: xunto con outras forzas militares da OTAN, fragatas españolas patrullan en augas do Mediterráneo para dar apoio loxístico ás accións militares de Israel no Líbano. A última saíu a finais de agosto do porto de Ferrol. Un apoio militar expreso que supón uns gastos militares que van saír, como sempre, dos petos do pobo traballador, con máis recortes nos servizos públicos, máis inflación e recorte das liberdades. Non se debe esquecer que o goberno, a requerimento da OTAN e a UE, vén de aprobar un aumento de máis do 25% do orzamento militar. De onde sairán eses cartos? E a que se adicarán? Quen precisa tanto armamento? Para facer que?

Nesta situación a clase traballadora e a poboación en xeral temos que dicir “basta!”. Nós non seremos cómplices. Por iso, dende BDS Corunha, consideramos que debemos dar un paso adiante e participar activamente na convocatoria unitaria dunha Xornada de Loita e Folga o vindeiro 27S, en resposta ao chamamento efectuado ao mundo polos Sindicatos Palestinos. Porque a clase traballadora é a única que pode parar este xenocidio, mediante a súa ferramenta máis potente: parar a produción. Só o pobo salva o pobo!

Temos que lograr que a xente en Palestina sinta que estamos coa súa resistencia dende o río ata o mar. A loita pola liberdade de Palestina é a loita de toda a clase traballadora. Unámonos a esta xornada de loita e folga para esixir:

  • O alto ao fogo en Gaza.
  • Que pare o xenocidio do pobo palestino.
  • A fin ao comercio de armas con Israel.
  • A ruptura de toda relación comercial, institucional e diplomática do estado español co estado sionista de Israel. Peche inmediato da embaixada de Israel.
  • Retirada inmediata de todas as forzas militares na zona.

Accións convocadas (en construción)!

  • A Coruña: Manifestación ás 20h no Obelisco.
  • Compostela: Manifestación ás 12h na Praza Roxa e concentración ás 19h na Praza do Obradoiro.
  • Pontevedra: Manifestación ás 20h en Loureiro Crespo, fronte ao Hospital Provincial.
  • Vigo: Manifestación ás 19h fronte ao Marco.
  • Ferrol: Manifestación ás 20h na Praza Vella.
  • Redondela: Concentración ás 11h en Alfonso XII, fronte ao BBVA