
Nos algo máis de dous anos que Verdegaia leva traballando en prol da defensa do ambiente e a transformación social, a realización de roteiros polo territorio galego foi unha constante como actividade educativa e reivindicativa. Galiza dispón dunha riqueza natural, cultural e paisaxística só comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar con certa facilidade… encoros, autoestradas, explotacións mineiras, etc.
Verdegaia pon en marcha o seu Programa VAI DE ROTEIROS!, co dobre obxectivo de dar forma a unha actividade que até o de agora non tiñan un fío condutor visíbel e de coñecer e valorar o mellor e o peor do noso territorio, educando e ao mesmo tempo reivindicando unha correcta xestión do mesmo.
Este programa abranguerá a totalidade da xeografía galega, e de zonas próximas á nosa comunidade, perseguindo diferentes fins como servir para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras finalidades.
Cada terceira fin de semana do mes, un dos núcleos comarcais de Verdegaia será responsábel da organización e realización dun roteiro no que tentaremos integrar elementos naturais e culturais, educativos e reivindicativos para coñecer e valorar mellor o noso medio e o noso impacto sobre el.
CALENDARIO DE ROTEIROSOutubro: Estaca de Vares. NC de Ferrol.
Novembro: Ribeiras do río Arnoia en Allariz. NC de Ourense.
Decembro: Complexo intermareal Umia-O Grove. NC de Pontevedra.
Xaneiro: L.I.C. Costa Ártabra entre Ares e Mugardos . NC de Ferrol.
Febreiro: —
Marzo: Serra da Groba. NC de Vigo.
Abril: Chouzos do Suído. NC de Pontevedra.
Maio: Ribeiras do Miño na cidade de Ourense. NC de Ourense.
Xuño: Illa de Ons. NC de Vigo.
2009/2010
- 18 de outubro – Sobrado dos Monxes (NC A Coruña/NC Ferrol)
- 22 de novembro – Ribeiras do Louro (NC Vigo)
- 20 de decembro – Rota do lobo de Cotobade e Serra do Cando (NC Pontevedra)
- 17 de xaneiro – Río Arnoia (NC Ourense)
- 21 de febreiro – Río Fondón (NC Vigo)
- 23 de maio – Comarca Xabresa (NC Compostela)
- Xaneiro (18/01/09): Xunqueira e treito baixo do Lagares (Vigo)
- Febreiro (14/02/09): Treito baixo do río Tambre (Negreira)
- Marzo (15/03/09): praia da Xunqueira e o Río da Fraga (Moaña)
- Abril (19/04/09): Río Mera (Ferrol)
- Maio (24/05/09): O Camiño do Cabo (Ribeira)
- Xuño (21/06/09): Canón do río Mao (Parada de Sil, Ribeira Sacra ourensá)