Verdegaia organizará os vindeiros16 e 17 de xuño unha nova actividade encadrada no programa de roteiros de Verdegaia Vai de roteiros!, desta volta polabisbarra da Limia, co motivo centralda aínda dubidosa instalación en Trasmiras dunha macrobase de avións non tripulados. As actividades comezarán o sábado 16 ás 18 h. no Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo (Sarreaus) onde pasaremos a noite para xa o domingo 17 a partir das 9:30 h. realizar un roteiro en bici pola comarca limiá.roteiro Limia

O programa Vai de roteiros! abrangue a totalidade da xeografía galega e zonas próximas, perseguindo fins como: divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das zonas visitadas; dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro; fomentar a participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser un elemento de lecer máis ofertado gratuitamente á cidadanía e fomentar o traballo conxunto entre asociacións.Cada terceira fin de semana do mes, un dos núcleos comarcais é responsable da organización e realización dun roteiro no que tentamos integrar elementos naturais e culturais, educativos e reivindicativos para coñecer e valorar mellor o medio e o noso impacto sobre e.

 

Desta volta será o responsable da Área de Biodiversidade da asociación, Diego R. Vieites, quen se encargará de organizar diversas actividades que comezarán o sábado 16 ás 18 h. no Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo e continuaranse o domingo 17 por toda a bisbarra antelá. O motivo de que este mes haxa dous días de actividade é que este é o derradeiro roteiro da edición 2011-2012 do programa. Deste xeito, o día 16 temos preparado o seguinte programa de actividades:

          18 h.: recepción d@s participantes no Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo.

          18:30 h.: fai o teu propio pan no forno de Lodoselo.

          19: 30 h.: xogos tradicionais no Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo.

          21 h.: cea e convivio.

Xa o domingo 17 colleremos as bicis parareivindicar o emprego deste medio de transporte sustentable e pararealizar un roteiro pola Limia que partirá ás9:30 h. do Centro de Desenvolvemento Rural de Lodoselo. O itinerario previsto é o seguinte:Lodoselo, Sarreaus, Piñeira Seca, Solbeira, Pidre, Torre da Pena, terreos onde se ubicaba a antiga lagoa de antela, canle de desecación da lagoa de antela, areeiras de Sandiás, río Limia, Veiga da Saínza, Carballa da Rocha, ponte da Rúa, Toxal, Eido de Ribeira, Filgueira, Breixoeira, San Vitoiro, Lamas, Xinzo da Limia, Porto Alto, Boado, Pidre, Solbeira, Piñeira Seca, Sarreaus e Lodoselo (a parte que aparece en cursiva é opcional segundo decorra o roteiro).

O percorrido é de dificultade media-baixae realizarase coa axuda dun guía especializado da asociación que dará explicacións precisas sobre os diferentes aspectos (biolóxicos, etnográficos,…) da bisbarra antelá ó longo da xornada en diferentes paradas explicativas.

O roteiro durará todo o día coa súa finalización estimada ás 18:30 h. e cómpre levar unha cámara de reposto por se hai algún pinchazo, calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. As actividades son abertas para todas e todos e participar nelas ten un custo de 35 euros que inclúen a durmida, a cea do sábado, o almorzo do domingo e o xantar do domingo, así como a participación nas diferentes actividades. Se se opta por esta opción, haberá que ingresar os 35 euros no número de conta 2080-0300-81-3040145120 e enviar o xustificante do pagamento escaneado a info@verdegaia.org

Tamén cabe a posibilidade de só participar no roteiro do domingo levando a propia comida para o cal non se terá que aboar nada. As dúas opcións requiren de inscrición previa obrigatoria até o xoves 14 de maio ás 22 h. xa que as prazas son limitadas.

Abisbarra da Limia abrangue unha área de máis de 800 Km2 na que se sitúan os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. A comarca conta con diversos e valiosos valores naturais, feito que acarreou a declaración de dous espazos protexidos dentro da Rede natura 2000: o Lugar de Importancia Comunitaria “Veigas de Ponteliñares” ea Zona de Especial Protección para as Aves “A Limia”,e do Monumento Natural da Carballa da Rocha que visitaremos o vindeiro domingo.

Entre os valores históricos cómpre destacar os miliarios romanos,o mosterio de Bon Xesús de Trandeiras, a igrexa de Santo Estevo de Sandiás ou as torres medievais de Sandiás, da Pena e de Porqueira. No tocante ós elementos etnográficos debemos salientaros cabaceiros de madeira, os fornos comunais, os muíños e fontes e algúns redutos que aínda se conservan de ecosistema agrario tradicional.

Pola contra, entre as desfeitas que padece a comarcadestacan a falta dunha axeitada xestión dos espazos protexidos limiaos por parte da Xunta de Galicia, as malas prácticas agrícolas, o furtivismo, os vertedoiros incontrolados, os lumes forestais ou proxectos aberrantes como o aínda dubidoso da base de avións non tripulados de Trasmiras, motivo principal polo que se decidiu facer un roteiro por esta zona.Polo momento falamos só dun proxecto, do que diferentes administracións xa afirmaron categoricamente que se vai levar a cabo e que recentemente o ministro de Defensa negou que se vaia construír. En todo caso, a soa idea de pensar en ocupar practicamente todo o concello de Trasmiras con instalacións militares e avións espías non tripulados, parécenos motivo de abondo para visitar a zona e estudar in situa agresión que suporía para o lugar e para os dereitos da cidadanía, ademais de constituír un impacto severo para aZona de Especial Protección das Aves “A Limia”.

Cómpre dicir que a Limiaé unha bisbarra agredida historicamente a nivel ambiental debido á desecación da lagoa de Antela (unha das maiores lagoas da Península Ibérica) a partir do­­ 1958 e das brutais concentracións parcelarias que viñeron despois.

Para máis información e inscricións: María Ogando (info@verdegaia.org“>info@verdegaia.org, 680 118 479) Secretaria Xeral de Verdegaia.