Por cuestións organizativas temos que adiar o roteiro deste mes de abril. Recordamos que xa houbera unha mudanza no Vai de Roteirosprograma, pois o roteiro correspondente a abril non sería o da Serra do Xistral, senón o da comarca de Compostela. 

Dende o núcleo comarcal  preferimos retrasar algo o noso roteiro pero manter a  idea orixinal de combinar un percorrido por unha zona de valor natural coa visita a unha iniciativa de produción de alimentos ecolóxicos. Nas vindeiras semanas publicaremos toda a información precisa.