Comeza o ano e chega a primeira cita co programa Vai de Roteiros! de Verdegaia. Desta vez iremos acompañando o río Arnoia na provincia de Ourense, el cara a baixo e nós cara a riba. Pasaremos polos Concellos de Allariz e da Merca.

O roteiro partirá da fábrica de coiro de Allariz e comezaremos a ir río abaixo, aínda que nós iremos pouco a pouco subindo, xa que o río se vai encanonando. Iremos pola marxe esquerda dereita ao punto de partida. O roteiro será de dificultade media-alta e desenvolverémolo segundo as condicións metereolóxicas o permitan, podendo dar a volta ó chegar á aldea da Pontermida, xa no concello da Merca ou seguir ata a minicentral. A Pontermida é unha antiga aldea de muiñeiros abandonada e encadrada nunha paraxe espectacular do canón do río que caracteriza o lugar. Se ben esta zona estivo densamente habitada, percorreremos un ecosistema fluvial aínda ben conservado e pouco alterado, froito da difícil orografía, que mantén unha gran biodiversidade e riqueza xeolóxica. Ademais, poderemos apreciar toda a arquitectura popular e xeitos de vida que se xeraron en torno ao río e a cal en parte se atopa restaurada.

Sairemos ás 10:00 da mañá de Allariz. Quedaremos na fábrica de coiro, que é moi fácil de atopar: ó saír da autovía que vai de Ourense a Allariz (a A-52 que vai a Madrid) cóllese a primeira saída para Allariz. Ó chegar á ponte que atravesa o río, antes de entrar na vila, cóllese á esquerda. Aquí tedes un mapa para o ver mellor

Hai que vir equipados con roupa de montaña e traer o xantar.

Para calquera dúbida ou para combinar os coches: mariaogandogonzalez@gmail.com