A pasada fin de semana tivemos máis unha xornada de voluntariado ambiental no río Fonteliño (O Porriño).

Dous anos actuando no río Fonteliño, afluente do Couso (Porriño) van dando os seus frutos.

Aproveitamos para ir avanzando na eliminación de especies invasoras, desta feita dunha especie que o ano pasado non estaba presente: o allo bravo (Allium triquetrum).

Tamén plantamos as últimas árbores, xenerosamente doadas polo Círculo Recreativo Cultural do Porriño e por Viveiros Adoa, aos que agradecemos a colaboración.

No mes de Maio retomaremos a actividade, busca un oco nunha das datas que anunciaremos e ven a gozar dunha maña nun espazo natural!