Neste primeiro trimestre o tema elixido para traballar foi o consumo. Por iso decidimos xuntarnos todos no Parque de Belvís, para que coñeceran o proxecto que está levando a cabo o concello de Santiago: as hortas municipais do Parque de Belvís. Estas son unhas parcelas duns 60 metros cadrados cada unha e preparadas para a súa explotación hortícola mediante prácticas agrícolas ecolóxicas ou, cando menos, tradicionais polos cidadáns. Deste xeito podemos seguir consumindo productos naturais, cultivados por un mesmo na propia cidade!!!

Despois dos saúdos,dos relatos vacacionais de rigor e de comprobar que cada vez están máis grandes, como medran estes rapaces… comezamos a nosa xornada.

Neste primeiro trimestre o tema elixido para traballar foi o CONSUMO. Por iso decidimos xuntarnos todos no Parque de Belvís, para que coñeceran o proxecto que está levando a cabo o concello de Santiago: as hortas municipais do Parque de Belvís. Estas son unhas parcelas duns 60 metros cadrados cada unha e preparadas para a súa explotación hortícola mediante prácticas agrícolas ecolóxicas ou, cando menos, tradicionais polos cidadáns. Deste xeito podemos seguir consumindo productos naturais, cultivados por un mesmo na propia cidade!!!

Puidemos comprobar a grande variedade de herbas aromáticas e verduras que estaban plantadas por todas as hortas. Moitos foron recoñecéndoas e outras a pesares de comelas a miúdo nos foron quen de adiviñar. Seica nas tendas non teñen o mesmo aspecto…

Descubrimos que cada froita e verdura ten a súa tempada, sen embargo hoxe en día podemos atopar calquera froita todo o ano, pero de onde veñen entón eses productos? Demasiada viaxe para unhas cereixas, non?

E cando xa tiñamos todo analizado chegou a hora de poñernos mans á obra!! Si, si cada un viviu por uns intres na pel dun agricultor ecolóxico. Puidemos preparar a terra,abonamos con compos, sementamos unhas ricas leitugas e coles, e aplicamos técnicas naturais para espantar ás odiadas pragas.

O máis divertido foi decorar a nosa horta de figuras amarelas. Seica a cor amarela espanta á mosca branca, a grande inimiga dos cultivos. Funcionará? Comprobarémolo en vindeiras visitas á nosa hortiña, bo en realidade é a horta dos nosos amigos Miguel e María, pero xa nos convidaron para outra.

Para rematar cada un levou unha variedade de verduras plantadas nun testo reciclable. Agora terán que coidalas e saborealas…

Vémonos noutra!!!!