Ven colaborar na recollida de asinaturas e quédate para a comida de albaroque ao acabar!!!

As Brigadas levamos 8 anos promovendo a restauración ecolóxica de espazos naturais degradados por especies exóticas invasoras, monocultivos e incendios. Todas as brigadistas sabemos o duro que é o esforzo que representa. Por iso quixemos dar un paso máis para protexer o traballo de restauración feito, promovendo unha proposición de lei de iniciativa lexislativa popular que, por primeira vez, estabelecerá un tipo de espazo natural protexido para zonas degradadas en proceso de restauración: as áreas de restauración ecolóxica.

Temos até comezos de agosto para reunir 10.000 asinaturas para que o parlamento galego tome en consideración a nosa proposta de lei. XA LEVAMOS MÁIS DE 5.000!

Por iso, queremos pedirvos un último esforzo para vir xuntar asinaturas durante os actos do 25 de xullo en Compostela. Quedamos ás 11:00 na Alameda e ao acabar celebraremos unha comida de albaroque para festexar o traballo feito!

Apúntate enviando un email até o 24 de xullo a info@montescola.org para podermos comprar a comida para todas as brigadistas e avisa se tes calquera restricción alimentaria.

Precisas traer:

  • Soporte ríxido para apoiar a folla de asinaturas
  • Bolígrafo(s)

VÉMONOS NA ALAMEDA!