Banner-Tractorada-Corcoesto-20130407-mina-ouro-edgewater-cianuro-mineiraA Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha tractorada para protestar contra o proxecto de mina a ceo aberta contaminante que se pretende levar a cabo en Corcoesto.Mina Corcoesto 06

Co lema “Por un aire puro, sen arsénico nin cianuro: NON Á MINA DE CORCOESTO” todos os colectivos integrantes da Plataforma, entre os que está Verdegaia, animámosvos a mostrar a nosa oposición a un proxecto contaminante e destrutor dunha zona con figuras de protección que debemos conservar e protexer.

Se non podedes estar alí con eles, convidámosvos a facer difusión na Rede e ciberprotesta. De aquí ao domingo a Xunta de Galicia e as empresas implicadas teñen que sentir o clamor en toda Galiza contra esta desfeita demencial… Corcoesto é unha loita moi importante, pois se nos fan tragar con isto, despois han vir moitas máis por todo o país! NON PASARÁN!

Mais información no Blog da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños

Podedes descargar aquí o cartaz.