O ecofeminismo é un movemento que ve unha conexión entre a explotación e a degradación do mundo natural e a subordinación e a opresión das mulleres. Emerxeu a mediados dos anos 70 xunto a segunda onda do feminismo e o movemento verde. O ecofeminismo une elementos do feminismo e do ecoloxismo, pero ofrece a vez un desafío para ambos. Do movemento verde toma a súa preocupación polo impacto das actividades humanas no mundo inanimado e do feminismo toma a visión de xénero da humanidade, no sentido que subordina, explota e oprime as mulleres…se queres saber mais pásate este martes (27) polo local da Escola Popular Galega (Rua Real 12), ás 20:30.