O vindeiro martes 26 de abril dende o Espazo Aberto Antimilitar, do que forma parte Verdegaia Vigo, convídamos a asistir/participar no acto de presentación da campaña contra o gasto militar e pola obxección fiscal 2011.

Este ano a campaña leva por título: “Eles non o farán, fagámolo nós: Recortemos o Gasto Militar" na que animamos a obxectar aos gastos militares na declaración da renda.

A charla será o martes 26 de abril ás 20h30 na Escola Popular Galega (rúa Real, 12 baixo – Vigo). Nela presentaremos a campaña, os datos sobre gasto militar, os destinos propostos para este ano, ademais de ter espazo para resolver as vosas dúbidas sobre OF.

 

http://www.nonaogastomilitar.org/content/26-abril-acto-de-presentacion-da-campana-contra-o-gasto-militar-e-pola-obxeccion-fiscal