Como en anos anteriores, comezamos coa xeira de tertulias ecolóxistas no bar de copas "O Paraiso Perdido" de Compostela.

O tema para este cuarta-feira, 20 de outubro, será "o currículo oculto", contando con Nela Abella, mestra e unha das investigadoras e autoras do informe de Verdegaia apresentado ao respecto hai unhas semanas, e que tanto entrou polos ollos aos medios de comunicación.

O Currículo Oculto

Hai estudos que indican que é significativamente maior a cantidade de información que transmitimos cos acenos, o noso ton de voz, a nosa posición como falantes, a nosa vestimenta, os nosos silenzos, e en definitiva todo aquelo que non é verbal… que co contido mesmo das palabras.

Algo así podería dicirse do conxunto do sistema educativo e de cada unha das súas compoñentes. Se o currículo é a disposición explícita dos elementos dese sistema cara a unha finalidade educativa, o currículo oculto sería entón o aceno, ton, posición, vestimenta, silenzos, e en definitiva todo aquelo que non se di pero que "habelo haino". E se o hai, tamén nos preguntamos: é por tradición, intención, desinformación… ?

Xa sabedes: para opinardes, achegardes a vosa idea ou experiencia, mesmo rebater ou simplesmente escoitardes o que se di…

Esta quarta-feira, día 20 de outubro, ás 20:30 no Paraiso Perdido de Compostela (San Paio de Antealtares).

Cartaz xeral das tertulias ecolóxicas Compostela 2010 – Outubro