web_tala_1.jpgO día 26 de febreiro comezou unha tala de árbores centenarios nas mediacións do aeroporto de Vigo, Peinador (carballos americanos e cedros xigantes, entre outras especies). Dende Verdegaia denunciamos a actuación da Entidade Pública Empresarial AENA, que aprobou a tala indiscriminada no recinto aeroportuario para ampliar unha vez máis o aparcamento de vehículos privados, proxecto executado pola empresa DRAGADOS S.A, pertencente a empresa transnacional ACS.

A xustificación da tala con motivo da ampliación do aparcamento é a necesidade imperiosa de prazas de aparcamento que ten o aeroporto, engadindo  "que a madeira non vai ter comercialización, e que vai ser repartida entre os empregados do aeroporto" como se de este xeito quedáramos tranquil@s..

O primeiro á resaltar é que Peinador non conta cun plan de transporte púbico axeitado, soamentes está dotado cunha única liña de bus (C9A) que, en teoría vai cada media hora, pero na realidade aparece de pascuas en flores, sen ofrecer ningunha garantía de puntualidade. Feito que reflicte no maior uso do automóbil privado e, por ende, en ampliacións continuas de aparcamentos.

As empresas de aluguer de coches, que dispoñen o seu antollo das instalacións aeroportuarias, estarán encantadas coa  inexistencia de trasporte público que ten o aeroporto de Vigo. A Administración Pública (Concello de Vigo) é responsable desta ausencia de transporte público, fomentando directamente un modelo equivocado de transporte insustentábel.

De este modo, seguimos a presenciar tristemente como  empresas do formigón e de lucro rápido, pasan por riba de todo e de tod@s para seguir mantendo un negocio, que so beneficia a uns poucos, en detrimento da paisaxe, do pobo, e da sostenibilidade.

Asímemso, Verdegaia quere amosar a súa repulsa cara a actitude de AENA cos compañeiros denunciantes das talas do colectivo  Matar Por Matar Non , por tentar amedrentalos e amenazalos con denuncias rebote. É vergoñento a actitude desta empresa "¿pública?" e ¡privada! se cabe máis, con estas chantaxes, que denotan de que lado están.

Por último dicer que o compromiso co "respeto ao  medio ambiente de AENA,e a Política Medioambiental, en continua revisión, que ha calado con fuerza en la conciencia colectiva de nuestra organización" , como así  recolle a súa páxina web,  xa non é que brille pola súa ausencia senon que convértese en afirmación risible e se cadra insultante, facendo gala do lavado verde que tanto se leva no mundo empresarial.

web_tala_2.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

web_tala_3.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

web_tala_4.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

web_tala_5.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

Enlaces:

http://matarpormatarnon.org/node/485
http://galiza.indymedia.org/gz/2008/02/14581.shtml
http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com/
http://www.vieiros.com/nova/64676/denuncian-a-tala-dunha-ducia-de…
http://www.vieiros.com/nova/64794/aena-estuda-accions-xuridicas-co…
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=7014
http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=7092
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3280_2_203914…
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3280_2_20391…
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3278_2_20361…