Este xoves 4 de setembo, Sonia Couso, coordenadora xeral de Verdegaia, participará  no curso da Universidade Internacional Mendez Pelayo "A nova cidadanía global e os movementos sociais: ecoloxismo, pacifismo e feminismo", organizado polo Seminario Galego de Educación pola Paz. Intervirá como relatora xunto a Pedro Arrojo Agudo (Profesor Titular Dpto. Análisis Económico.U. de Zaragoza e Presidente da Fundación Nueva Cultura del Agua) na mesa redonda: A nova cidadania global desde a perspectiva ecoloxista. Máis info.