Este sábado día 15, Verdegaia xunto con outras organizacións como a Comisión pola recuperación da memoria histórica do Barbanza, a Sociedade Histórico Cultural ‘Coluna Sanfins’, a Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e outras organiacións como a CNT, participamos, en Lousame, na II edición da Romaría da Columna Sanfins.
Un nome que rememora e homenaxea os mineiros das minas de San Fins
No camiño, había todo tipo de facilidades para chegar ao lugar de traballo, pero o banco de pedra estaba reservado
O programa de actividades comezou, de mañá, cunha roga ambiental no monte veciñal onde se fixeron labores de limpeza do monte e de erradicación de acacias
Estudando o lugar…
Mans á obra…
Por estes lares xa andiveran repoboando os cativos da Semente…
Non faltou ferramenta…
o traballo continuaba…
e continuaba…
A Casa da Susana…
Agora toca limpar o muro…
E despois hai que reparar…
Toca análise de reparación…
Despois houbo un xantar popular de convivio, o albaroque, entre as persoas participantes nas actividades.
Logo á tarde, o programa, ligado á memoria histórica, continuou cunha palestra intitulada ‘Memoria da (pós)guerra’.
Ao remate da palestra descubriuse unha placa de bronce en homenaxe a Miguel Sangenís Sabater, ‘Santalices’. Un anarquista nado en Barcelona a comezos de século XX e que en 1936 recalara en Compostela.
Após a Guerra Civil ,traballou en San Fins dando acubillo a moitos galeguistas e mineiros perseguidos polo fascismo.
Para fechar a xornada, houbo un concerto ao ar libre do grupo musical Barahúnda.