Desde a Asociación Ecoloxista Verdegaia queremos amosar a nosa solidariedade cos compañeiros e compañeiras de "Ecologistas en Acción" ante a sentencia (12/2011 ) que desestima o recurso interposto polos ecoloxistas contra a desproporcionada sanción de 1000.00€ á que foron condeados cada un dos oito ecoloxistas intervintes na actuación que se levou acabo en agosto do 2009, contra a construcción dunha dársena de contentores en El Gorguel (Cartagena) .
Defendemos que as ferramentas que temos os ecoloxistas para luitar contra a destrucción do medio natural é a visibilización e socialización das desfeitas e é con accións como as que levaron a cabo estes compañeiros cun acto consistente en por un candado na porta das dependencias da Autoridade Portuaria de Cartagena, como podemos chegar a opinión pública e denunciar os graves impactos que a construcción de infraestruturas como estas teñen sobre o territorio.
Denunciamos que sancións deste tipo so buscan reprimir calquer atisbo de oposición , que non están baseadas nos principios de xustiza e de igualdade e que o fin último e coartar a liberdade das persoas a decidir e participar sobre a política que se desenvolve e que nos compete a todos e todas como cidadáns que somos .
Vivimos momentos duros nos que vemos como a medida que disminúen os direitos sociais , laborais , ambientais, …aumenta a represión de todo tipo contra calquer atisbo de disidencia. As sancións económicas son un xeito máis de desmobilizarnos xa que os fondos cos que contan organizacións deste tipo, sen ánimo de lucro, son escasas. Implántase o medo á mobilización e a defender aquilo que consideras xusto pois, no mellor dos casos, o resultado é unha sanción económica que por muito que recurras, a realidade nos di que, é imposible gañar xa que o castigo está decidido de antemán.
Desde Verdegaia mandamos a nosa solidariedade a estes compañeiros e compañeiras que foron condeados cunha falta total de xustiza e sen as garantías esperables que se supoñen nun Estado que se di de dereito.